O Club

O noso club  Compostela Pitch & Putt nace coa finalidade de acoller dende unha escola deportiva ata actividades escolares e extraescolares, pasando por campus durante as vacacións escolares para os nosos nenos e nenas. Ao mesmo tempo, introducilos as competicións , onde darán os seus primeiros pasos da man dos nosos experimentados monitores, onde promoverán os valores que temos como bandeira como a amizade, a deportividade e a educación, sen esquecernos da autosuperación.

No noso clube tamén contamos con un equipo feminino que leva as cores do Compostela Pitch and Putt por todos os recunchos de Galicia co único propósito de desfrute con outras compañeiras dos diferentes clubes de Galicia.