Sobre nós

Compostela Golf nace da unión de tres socios: Jose Antonio Senra, Jose Antonio Brea e Uxío Gómez, co obxetivo de crear un campo de pitch & putt para achegar este magnífico deporte a todos os públicos dun xeito máis accesible e dando gran importancia ao medio ambiente e ao paisaxismo, así como á natureza, practicando ao mesmo tempo este magnífico deporte.

A este proxecto sumáronse máis persoas de gran importancia para o club, como Cristina, Darío e David (educadores físicos deportivos da escola xuvenil) e todos os colaboradores que dende o anonimato queren aportar o seu granito de arena neste marabilloso proxecto

O proxecto Compostela Golf ten como finalidade que as nenas e nenos da nosa comarca, a través da diversión e do entretemento, poidan practicar un gran deporte onde os valores persoais son unha das pezas máis importantes.